Nota de prensa de RedeGalega.org encol do seu Primeiro Informe sobre os webs municipais galegos.
A PRÁCTICA TOTALIDADE DOS WEBS MUNICIPAIS GALEGOS INCUMPREN ALGUNHA LEI
É unha das conclusións do I Informe Técnico sobre a presenza dos
concellos galegos en Internet, realizada por RedeGalega
Máis do 90% dos concellos galegos incumpren en Internet a Lei de
Protección de Datos, segundo a auditoría técnica que RedeGalega.org
realizou durante o pasado mes. Deste estudo tamén se desprenden
outros datos preocupantes: o 45% dos concellos non dispoñen de web
oficial, case un terzo deles non é o propietario legal do seu
propio web, e 3 de cada 4 incumpren a lei que obriga a estar
adaptados para persoas con discapacidade. En canto ao aspecto
lingüístico, hai case un 17% dos webs que non están dispoñibles
en galego.
O informe, dirixido polo consultor de Internet Manuel Casal
Lodeiro, pretende ser unha chamada de atención aos responsables
municipais. “Salientamos no noso estudo todos aqueles aspectos
nos que están a fallar os webs municipais, que son moitos,
porque hai que rachar co atraso de Galiza na Rede, comezando
polos webs públicos”, indicou Casal Lodeiro, para quen ademais
“ter unha axeitada presenza na Rede é imprescindible para
tender pontes coa emigración”.
Precisamente é o uso de Internet entre os emigrantes galegos
o ámbito onde RedeGalega.org naceu como departamento da
Asociación Cultural Fillos de Galicia dedicado a fornecer
servizos de Internet a todo tipo de entidades galegas sen
ánimo de lucro. “É unha forma de financiarmos proxectos como
Fillos.org, o principal portal da emigración galega,
aproveitando a nosa experiencia na Rede e poñéndoa a
disposición doutras entidades que traballan pola sociedade
e a cultura galega, dentro e fóra do país”, explica o seu
director.
O informe, dispoñible en www.RedeGalega.org, inclúe
unha análise de 30 características feito para cada web
municipal, así como unhas conclusións globais onde tamén
se poden coñecer os rankings dos concellos cos mellores webs
e os máis populares nos buscadores.

























Bo trabalho. Parabéms.
Pois si, pois si, moi bo traballo. Xa vin os recortes de prensa, seica houbo unha grande repercusion. A min chamoume a atencion a diferencia tan abismal que hai entre a costa e o interior.
Ide ver esta nova: http://www.vieiros.com/publicacions/nova.php?Ed=42&id=48998&cm=1
Outra vez Fillos facéndolle o traballo á administración e eles pasando de Fillos. Nin cartos, nin recoñecemento… Un suma e segue no desprezo ao traballo dos pioneiros e da xente que se preocupa de verdade por mellorar o país e avanzar.