 |
| Quen está agora conectado
|
Temos 28 usuarios non conectados e 0 usuarios rexistrados conectado.
Es un usuario anónimo. Podes rexistrarte gratuitamente ou entrar na túa conta premendo aquí
|
|
Selecione o idioma da interfaz:
|
| |
 |
 |
 |
| |
Como texto inaugural do ano, queríamos que figurara unha historia alegre, unha historia de reencontro, con final feliz. Así é a historia de Mary Barreiro, galega que, como tantos outros, viuse obrigada a emigrar a Arxentina cos seus pais, onde estes e as súas lembranzas axudáronlle a cultivar o amor a Galicia. Un bo día cruzouse con Fillos de Galicia e co Atopadoiro, onde conseguíu localizar ós seus familiares nesta parte do océano. Mary estivo fae ben pouco por Galicia, visitando os seus recordos, mediante a ponte establecida por Fillos.org. Pedímoslle que nos contara a súa experiencia e sentouse diante do papel. Aquí podedes ler a alegría dunha persoa que conseguíu retornar a Galicia gracias a Fillos de Galicia.
1037 lecturas
|
|
|
|
 |
 |
| |
Israel Rey, ourensán que na actualidade permanece afincado en Madrid, achéganos unha historia que poderíamos considerar como exemplar da emigración galega. Soutomaior, na provincia de Pontevedra, conta cun porcentaxe altísimo de cociñeiros en Madrid. O pobo chegou a recoñecer tal actividade cunha estatua erixida ó gremio. Israel coméntanos esa historia da man de Carlos Porto, hosteleiro madrileño. Bo proveito.
923 lecturas
|
|
|
|
 |
 |
| |
Irene Lema, periodista gallega afincada en Madrid, nos acerca una reflexión sobre la comida gallega, siempre tenida en alta estima por su sabor, pero pocas veces planteada en el ámbito de su salubridad A pesar de que la globalización haya influido en los hábitos alimenticios, por el aumento de la comida pre-cocinada y rápida, en España la ingesta todavía tiene una caracterización endémica. El consumo de alimentos todavía puede explicarse en función de la localización de los hogares. Aquellas zonas geográficas con tradición, costumbres y cultura, influyen de forma decisiva en lo que se come.
1581 lecturas
|
|
|
|
 |
 |
| |
Juan Carlos Iniesta é o director de Galicia Hoxe, programa de radio que leva quince anos emitíndose para a comunidade galega en Bos Aires (ou xa, gracias a internet para quen o queira escoitar, pinchando aquí). Trala polémica formada pola carta da Federación de Sociedades Galegas de Arxentina e as declaracións de Francisco Lores, Iniesta escribe o que poderíamos considerar unha carta aberta a algúns dos políticos galegos. Con datos incontestables e o seu habitual bo facer no papel, abre outra vía para a necesaria polémica na que animávosvos a participar.
911 lecturas
|
|
|
|
 |
 |
|
 |
|
 |
 |
| |
Maximino Fernández Sendín é o biógrafo e descubridor para os tempos que corren dunha das figuras máis apaixoantes que se lembran das que Galicia deu o mundo. A historia de Alfonso Graña resume a de moita da emigración galega, orixe humilde e triunfo final, pero un tiunfo sobre o que poder dos negocios ou as habilidades comerciais non poden obrar, senón a personalidade e a intelixencia. Sobre el mellor ler o artículo. Sobre Maximino cabe resaltar a súa labor, dura, ardúa, meticulosa, brilante, única e exploradora do ignoto, dado que, antes de chegar el, había un par de folios escritos sobre o Rei galego da Amazonia , agora temos unha biografía detallada, rigurosa e traballada. Gracias a el. Tamén gracias a el podemos ter un extracto resumido desde libro e a aportación de novos datos, o seu traballo non para nun libro. O seu interese é constante e real. O seu amor por Galicia levouno a establecer recentemente a Casa Museo Pazo da Cruz, un museo con máis de 3.800 pezas sobre Galicia e a súa historia. Sen dúbida un home necesario para a nosa cultura do que agardamos máis novas.
932 lecturas
|
|
|
 |
 |
|
 |
 |
| |
O Fol traenos unha reflexión, realmente necesaria, sobre o folclore galego, encarnado na súa máxima expresión, a gaita e a veneración que moitos prestan hacia un instrumento que parece que non sufre evolución, senon invasión. Moitas formacións actuais caen dentro dunha espiral con oríxenes recoñecibles e alleos, e cunhas estéticas que se afastan da tradición que, súponse, desexan representar. Como toda expresión folclórica, é o resultado e a delatora do carácter dn pobo. Coidado: pode provocar reflexións. O debate está aberto. Xa sabedes como opinar.
1040 lecturas
|
|
|
|
 |
 |
| |
O noso compañeiro Lois Pérez Leira dalle unha nova volta de rosca ó tema de Hugo Chávez co Rei, ó rebufo da polémica suscitada pola misiva da Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina. Un tema que deu moito que falar e sobre o que en Planeta Galego tamén temos o noso particular debate, no que vos invitamos a participares.
680 lecturas
|
|
|
|
| |
Patxi de Mérida sentiu estes días unha chamada. Como nos clásicos de espionaxe, a prensa transmitíulle unha sinal, esta vez de optimismo. As patacas, a ONU, o Obradoiro de basket, un ser chamado "Cacheliño" e algún que outro elemento máis xuntábanse a modo de visión, ou máis ben previsión onírica para o 2008. Animámosvos a seguir o seu chamamento sobre as sinais galegas para o vindeiro ano. Que deus nos colla confesados.
947 lecturas
|
|
|
|
 |
 |
| |
Luis G. Areán, ex director do xornal Galicia al Día, saca á luz, neste artigo, un tema que queda bastante lonxe de ser un obxecto de estudio, a pesar do interesante de seu.
A "saída do armario" parece que se está a normalizar, pero non por iso debemos olvidar que Galicia, desgraciadamente, segue a evolucionar con anos de retraso en determinados aspectos. É o do mundo gay no rural, non é precisamente a excepción.
Percorrendo a historia intrínseca do ser humano, e dándolle a man a gays e mulleres como grupos de opresión ós que todo lles costou o doble, a interesante reflexión do periodista lucense é unha boa lectura que vos recomendamos.
1170 lecturas
|
|
|
|
 |
 |
| |
Sergio Zearreta, vocalista de Lamatumbá, e vello coñecido dos escenarios galegos, debuta, que saibamos, no mundo das colaboracións, compartindo con Planeta Galego a súa experiencia á fronte do grupo que revoluciona os veráns galegos dende fae anos. A súa narración ten dous momentos clave: a gravación do seu próximo disco, na que se atopan inmersos, e o Popkomm, o festival musical máis importante de toda Europa para a industria musical. Prometen novas e prometen manternos informados. Namentres seguen co obxectivo de que todo o mundo saiba que, en Galicia, vívese a festa como onde máis. É o poder do licor café, é a boa aplicación do LUME!!!!! Podedes seguir informados en www.lamatumba.com e en www.panetagalego.info
1034 lecturas
|
|
|
|
|