~~NOTOC~~ {{ ::capa-libro-nomes-galegos-2012-w200.png|}}Benvidos á versión online do libro //**Nomes galegos de hoxe e onte. Antropónimos galegos e galaicos**// publicado pola [[http://www.fillosdegalicia.org|Asociación Cultural Fillos de Galicia]]. Este web foi creado para ampliar a difusión desta obra e achegar a nosa antroponimia a calquera internauta, grazas a unha subvención concedida en 2014 pola **Secretaría Xeral da Emigración** da Xunta de Galicia, que tamén concedera en 2012 unha subvención para a realización da edición impresa. Web publicado grazas a unha subvención de: {{:logo-secretaria-xeral-emigracion-2009-notrasp.png?nolink&200|}} :!: Se vives fóra de Galiza, podes [[https://www.asociacion-touda.org/product/nomes-galegos-de-hoxe-e-de-onte-antroponimos-galegos-e-galaicos/|solicitar un exemplar]] gratuíto do libro impreso. Para correccións, achegas, suxestións e comentarios accede á nosa páxina de [[contacto]]. ====== Nomes ====== * [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?do=index|Índice de nomes]] * [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=start&idx=muller|Nomes de muller]]. * [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=start&idx=home|Nomes de home]]. * Segundo a orixe: * [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:latino&do=showtag&tag=latino|Latina]], [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:etrusco&do=showtag&tag=etrusco|etrusca]], [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:osco&do=showtag&tag=osco|osca]], [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:sabino&do=showtag&tag=sabino|sabina]] e [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:ilirio&do=showtag&tag=ilirio|iliria]]. * [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:hebreo&do=showtag&tag=hebreo|Hebrea]] e [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:arameo&do=showtag&tag=arameo|aramea]]. * [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:xermanico&do=showtag&tag=xermanico|Xermánica]], [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:anglosaxón&do=showtag&tag=anglosaxón|anglosaxona]], [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:inglés&do=showtag&tag=inglés|inglesa]] e [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:escandinavo&do=showtag&tag=escandinavo|escandinava]]. * [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:grego&do=showtag&tag=grego|Grega]]. * [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:celta&do=showtag&tag=celta|Céltica]] e [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:celtíbero&do=showtag&tag=celtíbero|celtíbera]]. * [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:árabe&do=showtag&tag=árabe|Árabe]]. * [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:eslavo&do=showtag&tag=eslavo|Eslava]], [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:ruso&do=showtag&tag=ruso|rusa]] e [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:polaco&do=showtag&tag=polaco|polaca]]. * [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:vasco&do=showtag&tag=vasco|Vasca]]. * [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:persa&do=showtag&tag=persa|Persa]]. * [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:asirio&do=showtag&tag=asirio|Asiria]]. * [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:fenicio&do=showtag&tag=fenicio|Fenicia]]. * [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:púnico&do=showtag&tag=púnico|Púnica]]. * [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:exipcio&do=showtag&tag=exipcio|Exipcia]]. * [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:babilonio&do=showtag&tag=babilonio|Babilonia]]. * [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:italiano&do=showtag&tag=italiano|Italiana]] e [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:toscano&do=showtag&tag=toscano|toscana]] * [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:francés&do=showtag&tag=francés|Francesa]] e [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:gascón&do=showtag&tag=gascón|gascona]]. * [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:escocés&do=showtag&tag=escocés|Escocesa]] e [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:galés&do=showtag&tag=galés|galesa]]. * [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:catalán&do=showtag&tag=catalán|Catalana]]. ====== Texto de contracapa ====== A Asociación Cultural Fillos de Galicia ofrece unha das compilacións máis extensas de nomes galegos de persoa, partindo dos máis coñecidos e comúns a outras linguas ata os máis remotos nomes da Gallaecia prerromana, pasando por diversos nomes medievais e propostas para enriquecermos a nosa antroponimia. Este pequeno libro é o froito dun labor de décadas de recollida, que agora poñemos a disposición de todos os galegos do mundo. ====== Limiar do libro ====== O libriño que tes entre as mans é froito do continuado interese na nosa asociación pola difusión da antroponimia galega entre todos os galegos, especialmente entre aqueles descentes de galegos interesados na cultura dos seus antergos. Pode sorprender a escasa presenza de nomes galegos entre os fillos e netos da nosa diáspora, pero se ollamos cara o propio país, veremos que tamén son minoritarios os galicianos e galicianas que levan un nome recoñeciblemente galego. Un motivo disto, entre outros, coidamos que é o descoñecemento da riqueza do noso patrimonio onomástico. Por iso quixemos publicar esta escolma —necesariamente incompleta— para achegar algo na necesaria recuperación dos nomes galegos. Pero alén dos [[home:Brais]], [[muller:Uxía]] e outros certamente de moda na actualidade, quixemos ampliar as opcións ollando cara atrás e achegando nomes pouco coñecidos, pescudando mesmo no inmenso patrimonio que nos achega a toponimia e que nos desvela o magnífico filón da [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:celta|antroponimia céltica galaica]] grazas a traballos coma os de Joaquín Caridad Arias. O noso pobo pode —do mesmo xeito que fixeron outros coma os vascos— recuperar con éxito fermosos nomes documentados no seu pasado ou tirar da súa amplísima toponimia para renovar o repertorio de nomes cos que chamarmos aos nosos fillos, tamén na Diáspora. Un descendente de galegos na Arxentina, orgulloso das súas raíces, por que non podería poñerlle a unha filla un nome galego en troques doutro de orixe anglosaxona, [[http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php?id=tag:hebreo|hebrea]] ou aínda máis exótica e sen ningunha relación cos seus antergos? ...E o mesmo valería dicir dos galegos da Galiza! Polo formato reducido desta obra, pensado para poder ser enviada de maneira económica a calquera lugar do mundo onde haxa un galego ou unha galega, tivemos necesariamente que deixar fóra moitos datos de cada nome. Aconsellamos ás persoas interesadas nalgún nome en concreto que acudan ás fontes que citamos na bibliografía para completar detalles sobre cada un deles. Recomendamos especialmente o magnífico //Dicionario dos nomes galegos//, da editorial Ir Indo, cheo de referencias a persoaxes históricas, santos, detalles etimolóxicos, diminutivos de cada nome e mesmo refráns e cantigas relacionados. A pretensión deste libriño noso non é aprofundar en cada forma onomástica, senón ofrecer un panorama o máis amplo posible. Se cadra en posteriores edicións poderemos engadir novas referencias documentadas na Idade Media e novas formas galaicas agachadas nos nosos nomes de lugar, que sabemos existen e están agardando a que as recuperemos. Animamos en calquera caso aos pais e nais a non limitarse aos nomes que aquí recollemos e a innovaren acudindo directamente aos nomes de lugares, montes ou ríos, que moitas veces son produto dun antigo nome de persoa ou dun deus, e que en calquera caso son válidas referencias //per se// pois da antroponimia á toponimia hai unha permanente viaxe de ida e volta ao longo da historia. Agradeceremos que nestes casos se nos envíen estes novos nomes galegos para os incluírmos en posteriores edicións e así dármosllelos a coñecer a máis familias galegas en todo o mundo. ====== Actualización ====== A [[http://www.fillosdegalicia.org|Asociación Cultural Fillos de Galicia]] non pode asegurar que este web sexa actualizado no futuro, nin —en caso de selo— a periodicidade que podería ter esa actualización. Porén, a versión inicial do web, publicada en setembro de 2014, inclúe xa algunhas pequenas actualizacións e algúns nomes novos con respecto á edición impresa do libro. [[Abreviaturas e outras notas]] [[Bibliografía]] [[Agradecementos]] [[Fe de grallas]]