volver á páxina principal Catástrofe ecolóxica en Galicia
Xosé Manuel Pereiro publica a columna titulada Si home si en La Opinión de A Coruña, recollida no libro Si home si (Edicións Xerais, 2001). Os presentes artigos son algúns dedicados á traxedia -en tódolos aspectos- do Prestige.
"Si, home, si"(03-07-2003)

Gracias

Estoulle moi agradecido a LA OPINIÓN. Ademais de polo que pensan, porque onte eu expoñía aquí o pouco que me aclaraba sobre a situación económica de Galicia, e rapidamente se montou o Foro 2003 para que os que saben falasen claro. E vaia se falaron claro.

Por exemplo, o conselleiro Orza, o dos cartos, dixo que despois do Prestige, “la economía galega ha demostrado ser más fuerte de lo que algunos creían”, algo que ninguén lle discutirá, coa cantidade de pesimistas que hai, con razón ou sen ela. Saco logo a conclusión de que a economía ben, ou polo menos mellor do que algúns esperaban. Logo interveu o presidente de Sacyr Vallehermoso, que dixo que o importante é aprender inglés para poderse gobernar no estranxeiro porque a productividade de Galicia non dá para postos de traballo bastantes aquí. Dado que Sacyr é a empresa á que lle pagamos agora as peaxes das autoestradas e non ten intereses en Home English, suponse que o consello é ben intencionado. Claro que é o contrario do que di Orza. Quitado que os postos que aquí non hai (ou máis ben están ocupados) sexan os de 3.000 euros/mes para arriba. Porque para traballar na construcción en Canarias, como antes en Suíza, non fai falta o inglés, aínda que non sobre.

Non é a única contradicción que atopei. Fraga sinalou que “Galicia no es Silicon Valley, pero estamos en camino”, en referencia á zona de California onde naceu o primeiro chip de silicio e logo a industria informática. Non coñezo aquí máis fábrica de ordenadores que aquel frustrado proxecto de DDO (unha factoría de discos duros para reconvertir ó persoal Fábrica de Armas e que reconverteu uns mil millóns de pesetas que lle sobraban ó Estado) pero tampouco Arturo Dopico, director xeral de R, que apuntou que estamos na cola na introducción das novas tecnoloxías. Ou sexa que temos o Valley, pero o Silicon está en camiño.

Poderíase pensar que estas aparentes diverxencias entre representantes do poder político público e do poder económico privado son normais e mesmo convenientes, pero tamén as houbo internas. No importante evento houbo unha chea de referencias ó Prestige, ademais da de Orza. Fraga animou a facer negocio ós empresarios (que nunca imaxinei que fosen remisos a iso) despois do sinistro. O conselleiro de Política Territorial defendeu por enésima vez que o Plan Galicia era a resposta correcta á catástrofe... e ó lado, o seu compañeiro López Veiga asegura que “nunca hubo marea negra, ni en los peores momentos”. Creo recordar que si que a houbo, pero se ten razón o conselleiro 3, ¿onde queda a forza da economía galega loada polo conselleiro 1?, ¿é necesario o Plan Galicia que defende o conselleiro 2?

A ver se me aclaro no Foro 2004.

01-12-2004
11-11-2004
16-11-2003
13-11-2003
06-11-2003
08-10-2003
29-09-2003
13-08-2003
04-08-2003
03-07-2003
14-05-2003
24-02-2003
27-01-2003
09-01-2003
08-01-2003
06-01-2003
02-01-2003
23-12-2002
19-12-2002
18-12-2002
16-12-2002
12-12-2002
11-12-2002
09-12-2002
05-12-2002
04-12-2002
02-12-2002
28-11-2002
27-11-2002
25-11-2002
18-11-2002

amortedacosta@degalicia.org

Web informativo ofrecido por Fillos de Galicia para
os emigrantes galegos