volver á páxina principal Catástrofe ecolóxica en Galicia
Xosé Manuel Pereiro publica a columna titulada Si home si en La Opinión de A Coruña, recollida no libro Si home si (Edicións Xerais, 2001). Os presentes artigos son algúns dedicados á traxedia -en tódolos aspectos- do Prestige.
"Si, home, si"(09-01-2003)

Facendo algo

Por fin o goberno fai algo. Refírome ó noso, quero decir ó de aquí. Por vez primeira toma a ofensiva e como tontos non son, e ademais teñen tempo para argallar, enfían as escopetas, propias e contratadas, contra Nunca Máis (a plataforma).

O primeiro cazador (virtualmente falando, literalmente sería o cuarto ou quinto, como saben) en desenfundar foi o secretario xeral do PPdG, o señor Palmou, que sempre me pareceu un home sensato, ou polo menos cumpría o papel de forza de interposición para o que foi designado. Ata que recibiu un tirón de orellas no cónclave do PP: “Aquí hay que dar la cara”, din que dixo Aznar, nun deses exercicios de mirarse no espello e non recoñecerse. Tamén pode ser que botase un ollo a esas análises de situación que aseguran que aquí non vai pasar nada electoralmente, e tampouco recoñecese a situación. Así que o señor Palmou disparou por elevación: “Nunca Máis está intentando "manipular" á opinión pública con fins partidistas e "en beneficio de una formación política"’.

Cos tiros debe pasar como cos claxons nos atascos: chega que pite un para que piten todos. Os primeiros palmeros foron, de oficio, Javier Arenas e Jaime Pita. Os segundos, de beneficio, os medios de comunicación adictos, os de medio pelo que teñen que ganar o pan todos os días, que despois de 40 días de silencio, deron en chamar ós de Nunca Máis para sometelos ó terceiro grado.

En definitiva, os de Nunca Máis, ¿que fan? ¿Meten areas na perefecta engranaxe do operativo anti-fuel?, ¿utilizan os medios públicos para pagar autobuses ós manifestantes?, ¿sácanlles cartos ás empresas ás que lle deron as contratas das bandeiras?, ¿meten os cartos das axudas nunha Fundación pública que usa o mesmo eslogan que o PP? Non, peor aínda: fan política, algo moi mal visto desde Franco (que tampouco se metía en política). Non como o señor Palmou, en realidade o señor Palmou II, que herdou o cargo de Palmou I, en lugar de afiliarse a un partido e presentarse nel ás eleccións.

O positivo para a democracia nestes tempos (e negativo para os que temos que encher columnas, pola competencia) é a libertade que (de momento) se respira nos espacios de participación dos medios. Ofrézolles dous pensamentos recollidos no foro de xornal.com. O primeiro é unha resposta á crítica de “habría que ver lo que haría la oposición en casos similares”: “Efectivamente, habería que velo, porque xa vimos como resolveron estes a crise”. O segundo: “Para ayudas sociales a los damnificados pago rigurosamente mis impuestos. Para evitar que estos inutiles me sigan gobernando colaboro económicamente con Nunca Mais. (Iago)”

 

 

01-12-2004
11-11-2004
16-11-2003
13-11-2003
06-11-2003
08-10-2003
29-09-2003
13-08-2003
04-08-2003
03-07-2003
14-05-2003
24-02-2003
27-01-2003
09-01-2003
08-01-2003
06-01-2003
02-01-2003
23-12-2002
19-12-2002
18-12-2002
16-12-2002
12-12-2002
11-12-2002
09-12-2002
05-12-2002
04-12-2002
02-12-2002
28-11-2002
27-11-2002
25-11-2002
18-11-2002

amortedacosta@degalicia.org

Web informativo ofrecido por Fillos de Galicia para
os emigrantes galegos