|
Misterios sen resolver
Sinceramente, estou tan sobrecollido polo
que pasou e polo que pode pasar e, ó tempo, tan farto coma
vostedes do petroleiro das narices. Mesmo bastante máis farto.
Pero á espera de que o temporal escampe, trasladolles algúns
misterios sobre o caso que a mi se me escapan, por se a alguén
se lle ocurre a solución, e se non, polo menos que nos consolemos
entre todos.
Misterio nº 1 ou dos Técnicos.
Todos os expertos e coñecedores destas cuestións,
mismo algúns entrevistados (logo de que se peche o micro)
aseguran que o máis práctico era traer o buque a porto
ou a resguardo, e alí trasvasar a carga. Daquela, ¿qué
técnicos consultaron os que tomaron a decisión de
alonxar o Prestige?, ¿desapareceron? (os técnicos,
non os que tomaron a decisión), ¿ingresaron nun mosteiro
trapense para redimir o seu pecado?, ¿fuxiron e están
asesorando a outros inocentes mundo adiante?
Misterio nº 2 ou Ni gota-ni gota.
En El País¸o tal capitán Apocalipsos di que
do primeiro envión saltaron as tapas do rexistro de catro
ou cinco tanques, e por alí comezou a escorrer fuel. Mentras
levaban o barco de acó para aló, todo sacudido, ¿como
conseguiron que non vertera máis?, ¿pechando as tapas
con cinta americana?, ¿poñéndolle caixas de
cervexa enriba?
Misterio nº 3 ou da Mancha Lewinski.
¿Por qué esas manchas que saen tan fermosas (é
un decir) e tan persistentes nas imaxes dos satélites se
achican ó paso dos avións de recoñecemento?
¿Cómo a que foi onte unha mancha de 11.000 toneladas
se convirte mañá en dúas de 100 metros por
60 e algunhas pequenas? ¿É un caso de pudor hidrocarbúrico?
E pola contra ¿o combustible que usa un barco pode formar
unha mancha de 30 kilómetros de longo?, ¿en canto
lle sae encher o depósito?
Misterio nº 4 ou do Total Control
Mix. Se houbo unha resposta inmediata á crise, ¿por
qué tardaron dúas semanas en considerar que xa había
material bastante para realizar a limpeza?, ¿estaban agardando
unha promoción de ferramentas de xardín en Alcampo
para non escangallar o déficit cero?
Misterio nº 5 ou O barato sae Caro.
O Plan Nacional de Salvamento 1998-2001 aseguraba que los
buques de salvamento tienen la función de asegurar el remolque
de grandes buques y actuar en grandes siniestros. Sin embargo la
realidad es que, dado lo infrecuente de este tipo de acontecimientos,
estas unidades han pasado la mayor parte de su tiempo en espera.
¿Onde está agora o agudo que o redactou? ¿pódese
aplicar esta consideración ó Exército, que
está aínda máis ocioso?
Misterio nº6 ou Global. ¿Estánnos
tomando por idiotas ou é aprensión miña?
|