volver á páxina principal Catástrofe ecolóxica en Galicia
Xosé Manuel Pereiro publica a columna titulada Si home si en La Opinión de A Coruña, recollida no libro Si home si (Edicións Xerais, 2001). Os presentes artigos son algúns dedicados á traxedia -en tódolos aspectos- do Prestige.
"Si, home, si"(18-11-2002)
Fundido a negro

¿Que fan vostedes cando ven o pequeno cun suspenso?, ¿que farían se lle aparece un desfase na conta bancaria non atribuible ós seus desfases propios? En principio, a culpa sería respectivamente do pequeno e do banco, e logo xa falaremos de matices e de contextos. Eso sucede en todos os ámbitos da vida, quitado no do goberno e da administración, no que a culpa, no caso de que non lla podan botar a vostede, é de ninguén.

É o caso das tres grúas que mataron a cinco persoas en tres sitios distintos (ou catro, seis e catro respectivamente, se contamos a un mozo da Mariña luguesa que morreu 48 horas antes pola mesma causa). Que todas as víctimas menos unha foran galegas é coincidencia, ata que alguén demostre unha propensión maligna das grúas a desplomarse sobre galegos, ou unha tendencia inexplicable dos galegos a situarse baixo delas. Que caian tres (ou catro) en 48 horas non é mala sorte, é que se instalan mal e non se controla como se instalan, ou que as normas para instalalas non valen. Catástrofes naturais son os terremotos.

E no caso do petroleiro irónicamente chamado Prestige, durante días parecía que culpa residía en que tivera como destino Xibraltar, e non que as compañías petroleiras siguen facendo o que lles peta. Mentres o perfil aguileño do delegado do Goberno explicaba os erráticos ires e vires do cascarón (mais ben cacarón) diante desa xa histórica carta mariña, o presidente Fraga exercía de experto en dobles cascos, o BNG aplicábase a esa súa peculiar teoría política de sempre de que o que necesita o país é que o BNG atope a liña política correcta, e Touriño conseguía saír na foto cun chubasqueiro a pé de costa.

Cando o petróleo deu chegado e devastado douscentos kilómetros de costa pese á escaseza do vertido polo Prestige, do preparado que estaba todo e dos miles de kilómetros de barreiras instalados por autoridades e locutores (e mentras aquí, con esa solidariedade tan lacoruñesa, nos dispoñíamos a salvar o Aquarium) a culpa volveu desaparecer do mapa. Foise co vento. Co mesmo vento que ten a culpa do que pasa. As desgracias, a parte de non vir nunca soas, suceden en todas partes. O que varía son as consecuencias: o mesmo tornado mata xente no Caribe e soamente desfai casas nos Estados Unidos. En cuestións de mareas negras, por moita moeda única que agora teñamos, aquí diferenciámonos ata no prazo das indemnizacións.

01-12-2004
11-11-2004
16-11-2003
13-11-2003
06-11-2003
08-10-2003
29-09-2003
13-08-2003
04-08-2003
03-07-2003
14-05-2003
24-02-2003
27-01-2003
09-01-2003
08-01-2003
06-01-2003
02-01-2003
23-12-2002
19-12-2002
18-12-2002
16-12-2002
12-12-2002
11-12-2002
09-12-2002
05-12-2002
04-12-2002
02-12-2002
28-11-2002
27-11-2002
25-11-2002
18-11-2002

amortedacosta@degalicia.org

Web informativo ofrecido por Fillos de Galicia para
os emigrantes galegos